O pleno da Pobra aproba por unanimidade empregar as achegas provinciais para obras e servizos municipais e gastos sociais extraordinarios

09 Febreiro 2024

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada deste 8 de febreiro, a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do pleno da Corporación, a cal contou coa ausencia do concelleiro Manuel María Durán Guillán (PP). A sesión saldouse, entre outros acordos, coa aprobación por unanimidade das propostas do Executivo para participar nos POS da Deputación: o POS+2024 para obras e servizos de competencia municipal e o POS+Adicional para financiar gastos sociais extraordinarios.

A orde do día foi a que figura a seguir:

1. Proposta de Alcaldía para participar no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (PLAN ÚNICO DE CONCELLOS) “POS+2024” da Deputación Provincial da Coruña. Aprobada por unanimidade.

2. Proposta de Alcaldía para participar no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (PLAN ÚNICO DE CONCELLOS) “POS+ADICIONAL 1/2024” da Deputación Provincial da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. Aprobada por unanimidade.

3. Aprobación da modificación da base n°39 de execución do orzamento para a aprobación dunha subvención nominativa (Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal). Aprobada por unanimidade.

4. Proposta de alcaldía sobre ofrecemento de fondo de Ramón del Valle-Inclán e compromisos para a súa cesión ao Museo. Aprobada por unanimidade.

5. Moción do grupo mixto (PSOE) sobre a xestión da marea depellets plásticos. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 en contra (PP).

6. Moción do grupo municipal do BNG para demandar á Xunta de Galiza accións para paliar as consecuencias da “marea Plástica” nas costas galegas. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 en contra (PP).

7. Moción do grupo municipal do BNG en apoio ao pobo palestino e de esixencia do fin do goberno israelí. Aprobada co voto en calidade do alcalde ao contar con 5 votos a favor (Nós Pobra e BNG), 5 en contra (PP) e 2 abstencións (PSdeG-PSOE e VixP).

8. Moción do grupo mixto (VIxP) relativa ó rexeitamento por parte da Corporación do canon de depuradoras creado pola Lei do ciclo integral da auga. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 en contra (PP).

9. Moción do grupo municipal do PP relativa á revisión, conservación e mantemento do patrimonio municipal. Denegada ao contar con 5 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VixP).

10. Moción do grupo municipal do PP relativa á inseguridade cidadá. Denegada ao contar con 5 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VixP).

11. Moción do grupo municipal do PP relativa ó horario da Oficina de Turismo. Denegada ao contar con 5 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VixP).

Debido á finalización da xornada, non se puido abordar a segunda parte do Pleno relativa ao control de órganos do goberno (decretos da alcaldía, informes da alcaldía, mocións de urxencia e rogos e preguntas). Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.