“O peor é morrer”. Luís Celeiro

01 Febreiro 2024

Naceu e morreu o mesmo día do mesmo mes, con noventa anos de diferencia entre os dous acontecementos. Na familia e na veciñanza discuten entre eles e intentan descubrir cal das dúas datas foi máis importante, cal dos acontecementos foi máis proveitoso, cada un no seu tempo. A maioría arrimouse á opinión de que o segundo foi a solución, mentres que entre os dous estaba o problema, un problema de dimensións proporcionadas ás de moitos que se achegan cada día.
Tamén hai quen pensa que o problema está, inevitablemente, no primeiro acontecemento. Se non se dera, todo sería diferente ou non sería. E que?, que pasa? -Nada, efectivamente. -O que nada non se afoga. E nisto obsérvase que todos están esperando pola escampada. Escampara algún día? Quen determina a data da morte da xente e quen acorda que alguén naza e morra o mesmo día, o día do aniversario? Quen?
Hai investigacións sobre isto. Unha delas, dirixida por Vladeta Ajdacic-Gross da Universidade deZúrich, di que os aniversarios rematan letalmente con máis frecuencia do esperado. Neste estudo, publicado en Science Direct, analizáronse os datos de dous millóns e medio de mortes en Suíza, entre os anos 1969 e 2008, e as conclusións son que hai varios factores para que se produza un índice de mortalidade maior no día do aniversario, entre eles, o accidente con caída e o suicidio.
O festexo ten consecuencias perigosas, despois da euforia poden vir os infartos e derrames cerebrais, converténdoo estatisticamente no día máis mortífero da vida. As emocións e sobresaltos son outras das causas que dificilmente poden controlarse. Non somos nada. É evidente e sabido que un home non é nada, un só é pouca cousa, aquí e onde queira que sexa. Nada, non é nada. Na política tampouco. O líder, se non ten quen lle axude e quen lle vote, non chega a ningures, desínchase e retorna á nada, morre, como o Globo de Betanzos, como a roda pinchada.
Temos unha listaxe enorme de personalidades coñecidas que naceron e morreron o mesmo día, entre elas, a actriz Ingrid Bergman, o saxofonista y clarinetista de jazz Sidney Bechet, o pintor Rafael Sanzio, a feminista e autora de ‘A mística da feminidade’, Betty Friedan, ou o dramaturgo William Shakespeare. A Tía Manuela teno claro e di que “o peor é morrer”.
A morte fúndese co tempo, entendía Antonio Machado. Así se desprende dos versos daquel magnífico poema, “Daba el reloj las doce… y eran doce / golpes de azada en tierra…”, segundo explica a autora de “Hoy es siempre todavía”, María Jesús Pérez Ortiz, a profesora e escritora que realizou máis dun ensaio sobre a presenza da morte na poesía diste autor. Para Gabriel García Márquez, aí está a razón, antes ou despois, “o único que nos chega con certeza é a morte”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...