“O informe técnico supostamente emitido pola CIAIM está baseado no declarado por un sobrevivente do Villa de Pitanxo?” – Antón Luaces

03 Febreiro 2024

Polo menos é o que un tira do sinalado polo  bufete de avogados que representan ao Grupo Nores -propietario do afundido arrastreiro de Marín Villa de Pitanxo- no caso deste pesqueiro afundido vai para dous anos en augas de Terranova e a morte de 21 dos seus 24 tripulantes.

Os avogados rexeitan o informe elaborado por peritos designados pola Audiencia Nacional e imputan  aos mesmos “falta de familiarización coa manobra pesqueira” porque, ao seu criterio,  incorren en “graves erros técnicos”. Acúsanos, ao mesmo tempo, de aventurar as súas conclusións apoiándose en “testemuños de parte interesada”.

O informe dos peritos sinala a Juan Padín, patrón do barco sinistrado, como inmerso nun “erro humano” durante a operación de virada do aparello, unha mala xestión da manobra tendente a “desembarrar” a rede do fondo, e manteñen que eses técnicos ou peritos basean o teórico “embarre” esclusivamente na declaración do mariñeiro ghanés (sobrevivente xunto co patrón e un sobriño deste) Samuel Kwesi.

Para os representantes legais dos armadores, as imaxes da inspeción submariña do Villa de Pitanxo evidencian que “o aparello non está embarrado” e que “non hai que ser técnico para poder determinar que se non  hai indicios de que o aparello estivera en arrastre, mal se pode producir un embarre”

Polo que din os avogados, os peritos que analizan o informe por parte da defensa dos armadores “están perplexos coa falta de base desta parte do informe” e engaden que o que os devanditos técnicos supoñen “nen sequera concorda co relato de Samuel“. Tamén din que o embarre é incompatible coas últimas  velocidades , coas posicións marcadas pola caixa azul e o AIS que amosan unha velocidade de deriva compatible cunha parada de máquina, que é a  versión  do patrón e dos armadores do Villa de Pitanxo.

É radicalmente falso” argumentan os avogados, que o pesqueiro non realizara a inspeción de capitanía marítima antes de zarpar cara a Terranova e que non se respectaran

os descansos regulamentarios a bordo, ou que non se fixeran exercicios de abandono de buque.

Técnicos con coñecementos de manobra pesqueira están a analizar, segundo os avogados, todos eses erros e outros que, engaden, contén o informe porque, din, existe “contaminación rotunda” de que Samuel Kwesi “mentía non sucesivos relatos dos feitos“.

Os avogados do Grupo Nores, en relación á hipótese do “erro humano” do patrón, afirman que aínda carecendo de base,”criminalizar a un patrón porque puidera ter cometido un erro na xestión dunha manobra, non resulta moi xustificado“.

Remachan os avogados que “todo o mundo semella esquecer os dous golpes de mar relatados polos tres sobreviventes á súa chegada ao porto, determiñantes para que o buque perdera a súa estabilidade tras a parada de motor“.

Recollidas estas afirmacións dos avogados que representan ao Grupo Nores, propietario este como xa se dixo do arrastreiro Villa de Pitanxo, engadimos aquí preguntas que consideramos básicas: son os asinantes do informe referenciado parte ou o total dos designados pola Audiencia Nacional?. Convén sabelo. Como tamén poderiamos saber, baseándonos nas imaxes do pecio, por que non se romperon os cristais do buque para así tratar de saber, grazas a elo, se están ou non  alí os mariñeiros mortos?. 

Emitíuse o obrigado sinal de socorro?. Pode ser que non, pero chama a atención que nunca se mencionara este feito porque, de ser efectuada tal chamada, quedaría rexistrada nos equipos de GMDS, co momento e motivo da mesma. 

Un capitán da Mariña Mercante, con amplísima experiencia  neste eido coida que no naufraxio do Villa de Pitanxo, queda moito por dicir.

Existen motivos polos que se garda silencio ao respecto?.  

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...