O Entroido de Boiro arrinca cunha animación de rúa a cargo de As Abadesas e TNT (o venres) e coa XV edición da Festa da Orella (o sábado)

06 Febreiro 2024

Dúas actividades concretas inaugurarán esta fin de semana o Entroido boirense: por unha banda a animación da rúa protagonizada por As Abadesas e a Charanga TNT o venres 9 de febreiro no centro de Boiro a partir das 20.30 horas; e pola outra a XV edición da Festa da Orella que se celebra o sábado 10 a partir das 19.00 horas no campo de Revelar (A Boliña), e que inclúe a degustacións e a exaltación de produtos típicos do Entroido (organizada pola Comisión de Festas da Boliña).

Peñas Boiro AC dará continuidade á programación do sábado cunha gran festa a partir das 23.00 horas coa actuación dos DJs Marcos Magán, Mateo Fajardo, Xacobo de Mínimo Eventos e discoteca móbil Euphoria.

O domingo día 11 está prevista a festa infantil de disfraces cun desfile que sairá ás 17.00 horas da praza da Mancomunidade pola rúa peonil ata a praza de Galicia, onde haberá festa infantil con DJ Matrek.

O martes de Entroido será o día do Concurso de Carrozas e Disfraces a partir das 18.00 horas na praza de Galicia con premios para os disfraces individuais e de grupo e tamén carrozas. Ademais o programa tamén inclúe animación musical e de rúa durante a tarde.

Entre o 12 e o 14 de febreiro desenvolverase no Centro Social de Cabo de Cruz un obradoiro de repostería e traballos manuais de Entroido para rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos. As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse na Casa da Cultura de Boiro.

A programación de Entroido continuará a fin de semana seguinte coa celebración dos entroidos nas parroquias. Un tren fará as paradas nas distintas parroquias para asistir ás 11.00 horas ao Enterro do Farruco en Cabo de Cruz e ao desfile do Entroido de Cabo; ás 13.30 horas o Enterro da Cunca en praia Xardín; ás 16.30 horas o Enterro do Óso en Abanqueiro e ás 18.00 horas o Enterro do Felipiño en Escarabote.

4.600 euros en premios no tradicional concurso de disfraces e carrozas

O Concello de Boiro convoca para o vindeiro martes 13 de febreiro o tradicional concurso de disfraces e carrozas no marco da programación cultural do Entroido 2024. Haberá premios en metálico para os primeiros clasificados en categoría individual, grupos e carrozas que suman os 4.600 euros.

Poderán participar neste concurso todas as asociacións, comunidades, grupos culturais, veciñais ou persoas que o desexen. As persoas participantes deberán participar no desfile que sairá ás 18.00 horas da praza de Galicia e percorrerá as rúas de Boiro para que o xurado faga a súa valoración dos mellores disfraces.

Haberá tres modalidades distintas. A individual ou parella será para persoas maiores de 13 anos; grupos, que estará formado por un mínimo de tres participantes maiores de 13 anos e cunha temática común; e carrozas, consideradas estas como un aparello móbil conformado por unha plataforma acorde á temática do grupo, que deberá estar formada por un mínimo de catro persoas.

As inscricións están abertas e poden formalizarse presencial no Centro Social de Escarabote de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas, ou no enderezo electrónico leopoldo.portela@boiro.gal antes do xoves 8 de febreiro ás 13.00 horas. Tamén se poderán facer inscricións no mesmo día do desfile entre as 16.30 e as 17.30 horas.

As bases do concurso e a documentación de inscrición está dispoñíbel para a súa consulta na páxina web municipal www.boiro.gal.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...