O desfile de Entroido da Pobra encheu de cor as rúas da vila

14 Febreiro 2024

Este Martes de Entroido, martes 13, non foi na Pobra sinónimo de malos agoiros senón todo o contrario: a música, a troula, o humor e a cor foron as grandes protagonistas. Os disfraces, carrozas e comparsas lucíronse polo centro da localidade no Martes de Entroido con saída ás 17.30 horas dende as inmediacións da estación de autobuses. Ao abeiro da axenda deseñada pola Concellaría da Cultura para estas datas, nesa tarde procedeuse co concurso dirixido a maiores de 13 anos.

Nas inmediacións da E.E.I. Fernández Varela desenvolveuse a particular gala conducida pola youtubeira Nuska Chousa, durante a cal os/as participantes fixeron as súas correspondentes postas en escena e o xurado emitiu o seu veredicto tras valorar no itinerario distintos parámetros como o vestiario ou a maquillaxe.

O alcalde, José Carlos Vidal; a concelleira da Cultura, Patricia Lojo; e a edil dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, fixeron entrega dos galardóns.

Na categoría parellas/individuais, o primeiro premio, dotado con 200 euros, foi parar a O embaixador das catro erres; o segundo a Faime un boneco de neve (150 euros); o terceiro a Guerreiro samurai (125 euros); e o cuarto a O repartidor de Estrella Galicia (100 euros).

Nos grupos distinguiuse a Habelas hailas, Monster High, Kducados Band e Macedonia do Areal con 400, 300, 200 e 150 euros, respectivamente, ademais de facer entrega doutro cuarto premio, tamén con 150 euros, a Os pavos reales.

E nas carrozas houbo recompensas para El chiringuito (700 euros), Casino Las Vegas (400 euros), Aztecas a monte (200 euros) e O bosque máxico (150 euros). A maiores, as carrozas percibirán cadansúa gratificación de 200 euros por asistir para axudarlle así a sufraga-los gastos de confección.

Outorgáronse, ademais, os premios aos mellores disfraces da festa infantil do 11 de febreiro: Os deuses do canabal (200 euros), A raíña das bolboretas (150 euros), Pobranígenos (125 euros), Los sueños elementales (100 euros) e Astronauta (75 euros), por esta orde.

Repartíronse así arredor de 5.000 euros entre os dous certames e as gratificacións ás carrozas.

O cartel rematará na fin de semana co enterro do Felipiño do Maño (día 17) e co domingo de Piñata na Crocha (día 18).

Nas redes sociais (por exemplo en Facebook) e na web municipal poderemos ver a extensa reportaxe fotográfica que achegou o Concello sobre a participación veciñal neste Martes de Entroido.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.