A brigada municipal do Concello de Ribeira estivo a traballar estes días na limpeza e o acondicionamento de cunetas e marxes de estradas e camiños na parroquia de Oleiros. Segundo explicaron fontes do Goberno local, “estas limpezas son fundamentais para a seguridade viaria”, así como para a prevención de inundacións e o mantemento da infraestrutura viaria. O Concello engadiu que os traballos desenvolvidos pola brigada estenderanse nas vindeiras semanas á totalidade das parroquias de Ribeira.




