O Concello de Outes reclama retirar a supresión da parada de bus na Ponte Nafonso e solicita crear novas liñas de bus cos hospitais

27 Febreiro 2024
O concelleiro Anxo Núñez

O Concello de Outes vén de presentar unha nova solicitude ante a Dirección Xeral de Mobilidade para demandar que a Xunta de Galicia rectifique e retome a parada de bus da Ponte Nafonso e se creen novas liñas de bus cos hospitais de referencia do termo municipal.

Segundo explican fontes do Consistorio, “a decisión da Xunta de suprimir temporalmente esta parada tomouse a comezos de febreiro e sen notificalo antes ao Concello”, polo que o tenente alcalde e concelleiro de Mobilidade, Anxo Núñez Fernández, declarou que “dende o Goberno de Outes non nos parece procedente esta decisión tendo en conta que xa en setembro do 2023 presentáramos solucións alternativas ao problema que impedía prestar servizo na parada da Ponte Nafonso”. Así, indica, “no Concello aínda non obtivemos resposta ante a proposta presentada nin a obtivemos por outras propostas de mellora nos servizos de transporte público que xestiona a Xunta de Galicia”.

Na mesma solicitude esíxese contestación oficial con respecto á proposta de modificación de horarios na liña XG817 para facer coincidir cos institutos de bacharelato e ensino non obrigatorio de referencia e que é o único transporte que financia a Xunta de Galicia para os menores de 21 anos. “A día de hoxe hai ducias de familias en Outes que se atopan nun agravio comparativo posto que non poden acceder a un transporte público gratuíto para cursar bacharelato ou outros graos no concello veciño de Noia e teñen que asumir un custo de 70€ mes por estudantes”, sinala Anxo Núñez, engadindo que “dende o Concello solicitamos que se fixeran leves modificacións nos horarios desta liña para poder compatibilizala cos horarios lectivos dos institutos de referencia para o noso municipio. En todo caso, consideramos que Xunta de Galicia debería cubrir tamén os gastos de transporte público aos estudantes de bacharelato e graos medios en concellos lindeiros e acabar coa discriminación que sofren os estudantes no rural”.

En último lugar, o Concello demanda “a creación dunha nova liña que conecte cos hospitais de referencia (CHUS e Provincial de Conxo) e que se axusten as horarios de quendas do persoal sanitario para poder dar servizo aos traballadores e aos doentes”. Na actualidade, engade o concelleiro, “as liñas xerais fan parada nun espazo afastado da entrada principal, o que dificulta moito o uso do transporte público a persoas maiores e con mobilidade reducida e os horarios son incompatíbeis para que as traballadoras e traballadores de Muros e Outes poidan facer uso do transporte público”. Neste senso, o Concello de Outes demanda “o mesmo trato que outros concellos con situacións semellantes”. E engade: “Queremos ter uns bos servizos de transporte público que nos conecten cos servizos sanitarios fundamentais e sirvan para asentar poboación e axudar na conciliación laboral.”

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.