O Concello de Boiro repartiu 4.600 euros en premios no Concurso de Disfraces e Carrozas do martes de Entroido

13 Febreiro 2024

O Concello de Boiro celebrou na tarde deste 13 de febreiro o tradicional Concurso de Disfraces e Carrozas do martes de Entroido e que contou con modalidade individual/parella, grupal e carrozas. O desfile celebrouse ás 18.00 horas e o xurado estivo composto pola concelleira de Cultura, un técnico de cultura, un representante de Turbina e outro de Cáritas Boiro.

Na categoría individual/parellas o gañador, cun importe de 300 euros foi Penélope y yo; o segundo premio de 200 euros foi para Vaia par de espantaios; o terceiro premio, de 150 euros para Nai natureza; e o cuarto, de 100 euros para Chico percebe e a caramecha Gary.

Na categoría de grupos o gañador, que recibe un premio de 600 euros, foi Entre flores anda o conto; o segundo, cun premio de 300 euros, Tren in topic 2023; o terceiro de 250 euros Os pavos ruidosos; e o cuarto, de 200 euros Lonxano Oeste.

Nas carrozas o primeiro premio, de 1200 euros Un paseo pola India; o segundo de 800 euros Mundo de caramelo; e o terceiro de 500 euros Ozone Gym: Los genios de Ozaladin.

O desfile contou con animación musical e de rúa cos grupos A Dorniña de Abanqueiro, Nunca é Tarde, As da boina e o espectáculo Bufóns e trobadores de Troula Animación. A festa de Entroido continuou logo da entrega de premios na praza de Galicia co espectáculo de DJ Matrek.

A información dos premiados e as indicacións para o cobro de premios está dispoñible na web municipal www.boiro.gal.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.