O Concello de Boiro recibe unha subvención para o financiamento do persoal técnico de deportes

20 Febreiro 2024

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2024. O importe da subvención concedida é de 15.000 euros que se van empregar para o financiamento dos gastos de persoal técnico do departamento municipal de Deportes.

O obxectivo desta subvención é “financiar os gastos derivados da contratación do persoal do departamento de deportes que se encarga de coordinar as actividades deportivas e de dinamización do deporte no municipio, elaborar proxectos de animación sociodeportiva, supervisar a posta a punto de instalacións e medios, programar actividades físico-deportivas…”

O Concello lembra que “Boiro conta cun importante tecido deportivo, con clubs de distintas modalidades e en diversas categorías”. Ademais do apoio aos clubs, a Administración local ten habilitados programas específicos como son as Escolas Deportivas Municipais ou os Veráns Deportivos, así como a organización de actividades de promoción do deporte como a Carreira Popular Mar de Boiro, a Festa da Bici ou a colaboración con clubs deportivos para desenvolvemento de torneos ou probas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.