O Concello de Boiro executa un paseo que conecta o Pazo de Goiáns co casco urbano polo esteiro do río Coroño

01 Febreiro 2024

O Concello de Boiro avanza a as obras para a mellora medioambiental do Estuario do Río Coroño, no tramo comprendido entre o Coído e o Pazo de Goiáns coa dotación dun paseo que conecte a finca e o inmóbel do Pazo co casco urbano. O alcalde, José Ramón Romero, visitou as obras para coñecer o seu estado de execución.

Segundo explicou, a actuación que se está a levar a cabo busca “dar continuidade ás actuacións de accesibilidade e mellora medioambiental que o Concello de Boiro desenvolve no esteiro”. Inclúen a execución dun paseo peonil accesíbel, duns 855 metros de lonxitude e de 2,5 metros de ancho, realizado con pavimento natural-eco para obter un percorrido sen barreiras e que respecte o medio ambiente.

Ademais, no núcleo rural do Coído, vaise realizar unha pequena zona de estacionamento co obxectivo de organizar os vehículos da veciñanza da zona e para liberar os rueiros. Neste núcleo vaise habilitar tamén un espazo de lecer con xogos para os nenos e nenas e ambientados na natureza e unha zona de xantar para as familias.

Na contorna do Pazo de Goiáns o proxecto contempla a realización dun percorrido respectando os camiños e anchos orixinais, así como as especies vexetais existentes. “Esta obra achega o Pazo ao núcleo urbano cun paseo peonil accesíbel que vai seguir poñendo en valor o histórico edificio, a súa finca e toda a contorna da desembocadura do río Coroño”, afirmou o alcalde.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...