O Concello de Boiro e Barbanza Golf impulsan un programa de golf para persoas maiores de 65 anos

22 Febreiro 2024

O Concello de Boiro e Barbanza Golf impulsan un programa de golf para maiores de 65 anos. Trátase de cursos de golf gratuítos de seis clases de iniciación para persoas maiores de 65 anos ou pensionistas empadroados no municipio.

As clases serán grupais de entre 3 e 6 alumnos e vanse levar a cabo os xoves de 11.00 a 12.00 horas entre o 29 de febreiro e o 4 de abril, e os venres no mesmo horario dende o 1 de marzo ao 5 de abril.

As inscricións poden facerse no Departamento de Deportes do Concello de Boiro, situado na Casa da Cultura de Boiro, mediante o enderezo electrónico deportes@boiro.org ou o teléfono 981 84 84 25.

Instalacións en Boiro de Barbanza Golf

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...