O Concello da Pobra convoca unha nova xornada de retirado de lixo na praia da Corna

20 Febreiro 2024

O Concello da Pobra do Caramiñal promove este mes de febreiro unha nova xornada de retirada de lixo dos areais da localidade. Será o 25 de febreiro, en horario de 10.00 a 13.00 horas, coa praia da Corna como escenario. A xeira colectiva e participativa de limpeza forma parte das iniciativas de recuperación ambiental que impulsa todos os anos o Concello nos seus areais.

A este respecto, o concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, incide en que esta é unha mostra máis do compromiso da Administración local co medio ambiente a través de actividades de concienciación que impliquen a cidadanía no coidado das contornas naturais. O edil apunta que en 2023 se desenvolveron tres accións desta índole, as cales teñen continuidade neste ano.

O Concello da Pobra do Caramiñal proporcionará material necesario ás persoas voluntarias para efectuar a retirada manual de elementos nocivos para o ecosistema, ademais de contar coa colaboración da Protección Civil.

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade que se inscriban no enderezo electrónico voluntariadopobradocaraminal@gmail.com. A data límite é no xoves 22 para a formalización do trámite.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.