O CEIP de Portosín organiza xornadas de portas abertas para o alumnado de nova incorporación

21 Febreiro 2024

Este 21 de febreiro o CEIP de Portosín vai celebrar este mes de febreiro dúas xornadas de portas abertas para alumnado de nova incorporación. O obxectivo destas actividades é mostrar ás nais e aos pais as instalacións do centro e a actividade docente do seu equipo.

– O mércores 21 ás 18:00 horas teremos unha reunión informativa no colexio para as familias.
– O luns 26 ás 10:15 horas poderán acceder tamén ao cole os nenos e nenas para participar en varias actividades lúdicas.

A dirección do centro lembra ás familias interesadas que o CEIP xa dispón dende este curso de servizos de madrugadores (para facilitar a conciliación dende o inicio da xornada laboral), de comedor escolar e de actividades extraescolares.

O CEIP recorda tamén que está habilitado un servizo para responder a todas as dúbidas e inquedanzas que poidan xurdir.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.