A door polo asasinato de dous gardas civís en augas de Barbate nun operativo contra o narcotráfico, chegou á comarca que amosou o seu apoio con minutos de minutos de silencio en toda a comarca.
En Ribeira axentes das policías Nacional e local e veciños do municipio déronse cita na comisaría para mostrar o seu pésame pola traxedia. Un nutrido grupo de persoas congregouse no exterior do edificio para realizar un minuto de silencio que se culminou cun atronador aplauso.
Pola súa banda o Concello de Ribeira enviou tamén condolencias á Garda Civil e ao Concello de Barbate.
Na Pobra celebrouse unha homenaxe nas inmediacións do posto auxiliar da Garda Civil na localidade. Axentes do instituto armado, veciños e representantes políticos mostraron as súas condolencias a través dunha reunión solemne.
Pola súa banda, o Concello de Noia acolleu outro minuto de silencio ao que acudiron profesionais adscritos á compañía da Garda Civil de Noia e autoridades civís.
En Rianxo preto dunha trintena de persoas citáronse para honrar a memoria dos falecidos. Axentes da Policía Local, da Garda Civil e un representante da comisaría de Ribeira, ademais de veciños e a concelleira Ana #Vidal, participaron na homenaxe.




