A Asociación AGADEA, a federación FAGAL e o Concello de Porto do Son van organizar os vindeiros días un curso para facilitar o día a día de quen ten ao seu cargo persoas dependentes con demencias neurodexenerativa tipo alzhéimer, co obxectivo de achegarlles recursos para mellorar a súa actividade diaria e a calidade de vida de todas as persoas implicadas. O curso Coidados Compartidos, que segundo o Concello xa ten as inscricións pechadas e as prazas cubertas (un total de 45), desenvolverase os días 29 de febreiro e 1 de marzo, en horario de 16:30 a 20:30 horas, no Club de Xubilados de Porto do Son (número 2 da avenida de Galicia).
Xoves 10, chuvascos diminuíndo cara a noite e lixeira baixa térmica
Na xornada do xoves agárdanse intervalos nubrados con chuvascos intermitentes, máis frecuentes no oeste pola mañá e no interior nas horas centrais do día, remitindo cara á noite. As temperaturas sufrirán un lixeiro a moderado descenso. Os ventos soprarán frouxos,...