“Non séi se este ano a sardiña pingará o pan en San Xoán”. Antón Luaces

27 Febreiro 2024

A noite do 23 ao 24 de xuño  de 2024 pode que non sexa como a de anos anteriores. Haberá, si, lumeiradas; herbas de San Xoán, estralar de  cachelas e festa rachada na maior parte de Galicia; máis pode faltar o esencial: a sardiña.

Pode.

Polo menos, é previsible que a súa presencia nesa festa maior, festa grande entre as grandes que é a noite de San Xoán, sexa unha simple representación (coma a mascletá do Manzanares en Madrid), e todo porque a campaña da sardiña -que comezará este ano a mediados de marzo para rematar o 30 de novembro- non se anuncia con boas perspectivas: a todas luces non vai ser una campaña de grandes avances para os pescadores de Galicia, que van ver como as cotas desta especie para España e Portugal serán reducidas este ano en base ao informe do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES) nun 21,5%.

Deste xeito, os 240 cerqueiros do Cantábrico Noroeste (Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi) só poderán capturar 8.130 toneladas, case que a metade do que descargaran en 2.023: 17.730 toneladas.

De se cumprir esta proposta/previsión, o cupo na costa atlántica da península Ibérica para 2024 baixa das 56.600 toneladas  de 2023 ás 44.450 do presente ano. A Portugal correspóndenlle 29.560 toneladas e a España (non se pode crer) 14.890.

A sardiña pilchardus minguou, segundo os datos científicos, como consecuencia dos escasos recrutamentos estimados polos científicos, situación que fai que a frota do Noroeste  teña que, coma sempre, comprar excedentes a Portugal e Golfo de Cádiz.

Estes 240 cerqueiros do Cantábrico Noroeste recibirán 8.190 toneladas e 760 do Golfo de Cádiz, mentras que para as Rías Baixas  van 406 toneladas.

O pasado ano consumíronse 22.200 toneladas, unhas 2.240 por riba das 218 que poderán  capturar 77 barcos no Golfo de Cádiz e 244 no Cantábrico Noroeste. Estes últimos superaron o seu  cupo conxunto en máis de 1.000 toneladas, incluidas parte das 340 toneladas que lles quedaban aos do sur no seu caso asignados e xestionados individualmente.

Polo de agora non hai datas para os tres meses de veda obrigada para España e Portugal. Pero cando se aplique a mesma, recurtarase -máis que probablemente- o período de vixencia da campaña.

A escaseza de futuro da sardiña como prato de festa maior en Galicia pon un negro pano para esa noite de meigas e trasnos que percorren os vieiros hoxe en día sen vagalumes nen rfecendo a sardiñas asadas na brasa.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...