Alerta dun verquido de combustible na praia de Coroso en Ribeira, relacionan a presenza dun obxecto no mar coa aparición dunha mancha de grandes dimensións

13 Febreiro 2024

O persoal de Salvamento confirmou que a aparición deste obxecto, que resultou ser un bidón, nada ten que ver co vertido de combustible estendido pola praia.

O 112 Galicia tivo constancia deste suceso a través da chamada dun particular ao fío das 18:30 da pasada tarde. Segundo o seu relato, visualizaba un obxecto, o cal non podía identificar, flotando no mar do peirao de Ribeira. 

Axiña, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas, que derivaron varias embarcacións ao punto co fin de averiguar de que se trataba. A maiores, tamén foron informados os membros do GAEM e os Bombeiros de Ribeira, os axentes da Garda Civil, da Policía Local e Autonómica, e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Con todo, o obxecto resultou ser un bidón, o cal foi retirado, pero foi neses intres cando atoparon a vertedura, que segundo se investigou, non garda ningunha relación ca aparición do mesmo. Debido a isto, tamén foi informado o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA), aínda que pola falla de luz, non foi posible comprobar o alcance da mancha.

Agárdase que coas primeiras horas do día os servizos de emerxencia volvan de novo ao punto co fin de esclarecer a procedencia e o alcance do vertido.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.