Media ducia de locais hostaleiros de Dodro celebrarán co Concello o Día de Rosalía

20 Febreiro 2024

O Concello de Dodro tamén vai festexar ao grande o Día de Rosalía, non só pola dimensión cultural, humana, histórica e feminista da poeta galega, senón tamén pola importancia que tiveron as terras de Dodro para a obra da autora de Follas Novas. A celebración será este 23 de febreiro e, segundo informou a Área de Cultura do Concello, haberá música, poesía, cafés con verso e, por suposto, gastronomía (o imprescindíbel Caldo de Groria).

As actividades focalizaranse no Pazo de Lestrobe, a partir das 19.00 horas.

Contarase coa presenza de Iolanda Eiras e Narci Rodríguez, que achegarán a vertente musical do acto.

Ademais, os días seguintes á celebración (co 23 incluído) media ducia locais hostaleiros de Dodro (Casa Buela en Imo, Casa Pancho en Vigo, Bar Restaurante Xuncos en Imo, Bar da Silva en Tallós e Bar Caprichos en Lestrobe) ofrecerán á clientela un café con verso e un Caldo de Groria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.