“Mato, meu irmán maior”. Xulio Xiz

13 Febreiro 2024

Non teño irmáns, pero coido ter idea cabal do que significan na vida de calquera persoa. E cando onte me preguntaron que era para min Xesús Mato dixen que era como meu irmán maior.

Non digo “irmán máis vello”, porque Mato nunca foi vello, nin aos 91 anos, porque tiña esa viveza moza, esa picardía natural, esa inocencia consciente, esa grandeza incontible. E hoxe teño que despedir ao irmán; irmán non por vínculo familiar, si por identidade humana, polo que me ten ensinado sen palabras; pola amizade, polo exemplo, polo amor á terra e ás xente… polos cincuenta e cinco anos de identidade amiga. Irmán compartido con centos, milleiros, de beneficiados polo seu ser e facer.

Vímonos por ultima vez o domingo pola mañá que, sen poder falar, estaba especialmente expresivo. Ángel, o sobriño que o acompañaba, díxome que pola mañá dixera misa por señas e entón, ao despedirme, díxenlle: “xa que misaches, agora que me vou de viaxe, ben me podes dar a bendición”. Bendeciume sorrindo baixo a mascariña que lle facilitaba a respiración.

Era un varón santo que cando se lle mencionaba calquera acción que tiña realizado no campo da cultura, do social, da música, dos “minus” que el transformou en “válidos”, tiña unha sóa resposta: É porque son cura, e a un cura nada humano lle pode ser alleo.

Entregounos a vida a todos, estivo ao dispor de todos. Ensinounos a camiñar pola vida, mirando ao futuro, transformando o presente. Quedamos orfos, pero non hai quen nos quite o vivido con el. Dise que quen sofre a perda dun membro sente, ás veces, a dor nese membro. A min, que non tiven irmáns físicos, dóeme ese irmán maior que sempre botarei en falta.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.