Luís Perez Barral e María Rivas salientan en Ribeira a necesidade de coordinar forzas e corpos para avanzar en seguridade no concello

02 Febreiro 2024

A subdelegada do Goberno, María Rivas, e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, repasaron este xoves 1 de febreiro os principais indicadores de seguridade do municipio no marco da Xunta Local de Seguridade en Ribeira. Ambos coincidiron en salientar a importancia da coordinación entre forzas e corpos para avanzar na seguridade no concello. María Rivas destacou que “case a metade das infraccións penais foron esclarecidas”.

Ademais, acordaron seguir impulsando a coordinación entre a Policía Nacional e a Policía Local para “potenciar a seguridade cidadá e dar unha mellor resposta á veciñanza de Ribeira”. Para iso acordaron continuar na senda da cooperación entre administracións, así como avanzar no reforzo das patrullas a pé nas zonas comerciais.

O rexedor ribeirense tamén destacou a incorporación de dous axentes na Policía Local e informou de que este ano incrementaranse outros dous.

Pola súa banda, a subdelegada indicou que no ano 2023 fíxose “un gran esforzo canto á coordinación entre a Policía Nacional e a Policía Local”, recalcando que levaron a cabo: 52 reunións de coordinación, 78 intervencións conxuntas, 21 auxilios humanitarios conxuntos, 30 controis preventivos conxuntos e 16 colaboracións en detencións.

María Rivas manifestou a súa satisfacción polo traballo realizado polas Forzas e Corpos de Seguridade ao longo deste último ano, o que ten reflexo, dixo, “na mellora dos esclarecementos no caso das infraccións penais, chegando a esclarecerse a metade dos delitos cometidos, e que arroxa un índice de eficacia do 42%; o que permitiu a mellora dos resultados do ano anterior”. Neste sentido, María Rivas subliñou que “a prevención, o seguimento e a investigación constante son claves para a resolución e para mellorar a eficacia policial”. 

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.