“Inseguridade social” – José Manuel Pena

27 Febreiro 2024

A Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo da UE (Eurofound) sinala que “os sentimentos de inseguridade en varios aspectos da vida da poboación europea están estendidos, mesmo entre as persoas que están materialmente acomodadas. Os responsables políticos deben ter en conta estas inseguridades para entender mellor as preocupacións e os descontentos da cidadanía”.

Este coñecemento pode contribuír de maneira positiva á elaboración de políticas sociais e laborais. A pesar de que, en xeral, mentres moitas persoas en Europa están a un nivel material relativamente acomodado en comparación con persoas doutras partes do mundo, os sentimentos de inseguridade poden representar un risco para a calidade de vida. Así son moitas as inseguridades: a inseguridade persoal; a inseguridade respecto á vivenda; a inseguridade respecto á asistencia sanitaria; a inseguridade laboral e a inseguridade respecto aos ingresos na vellez, entre outras.

No propio documento de reflexión da Comisión Europea tamén se sinala que o emprego pode protexer das inseguridades coa achega de ingresos e dunha mellor protección social, mediante, por exemplo, o seguro de desemprego, a acumulación da pensión, o seguro de accidente e o seguro de saúde, ademais dos dereitos sociais básicos que non dependen do emprego. Con todo, o Piar Europeo dos Dereitos Sociais recoñece que o emprego non sempre protexe contra a pobreza, e esixe aos responsábeis políticos que aborden este tema de maneira real e eficaz.

En relación ao caso da inseguridade respecto á vivenda, o Eurofound sinala que “os responsables políticos deberían prestar especial atención ás persoas no rango inferior da distribución de ingresos que viven en vivendas alugadas do mercado privado”.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.