Inscricións abertas na Rede para participar na “Sea Benéfica” da Dorna, o vindeiro 9 de marzo

15 Febreiro 2024

A Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira publicou na Rede a ligazón específica para formalizarmos a inscrición na Sea Benéfica que organiza a entidade este mes de marzo co obxectivo de recadar fondos solidarios. A inscrición pode levarse a cabo na web da confraría, que lembra que o prezo da enchenta para sosios e sosias é de 40€, e de 45€ para os que aínda non se fixeron sosios (ou tamén chamados jodechinchos). A cita será o vindeiro 9 de marzo, na Torre das Xunqueiras, na Pobra do Caramiñal.

Ao termo da cea, a Real e Ilustre realizará un sorteo de diversos agasallos que foron doados por comercios locais. O diñeiro que se recade irá parar ao fondo social da entidade, que posteriormente decidirá a que causas o destina. Tamén está prevista a actuación dun DJ.

Coma en edicións anteriores, a asociación marcou un código de vestimenta para os comensais: “Levar algo na cabeza”. Haberá un premio para o complemento máis rechamangueiro e divertido.

De forma complementaria, están xa en marcha dous concursos de deseño, dos que sairán os debuxos que ilustrarán os suadoiros e os carteis desta edición da festa. En ambos os casos, o prazo concluirá o próximo 25.

🍽

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.