Iberdrola instalará tres comunidades solares en Galicia para beneficiar a medio milleiro de familias (unha delas en Boiro)

09 Febreiro 2024

A empresa eléctrica Iberdrola instalará nos municipios do Porriño (Pontevedra), Boiro (A Coruña) e Sarria (Lugo) tres comunidades solares que, segundo informou a compañía, “permitirán a 486 familias acceder ao autoconsumo e reducir a súa factura sen necesidade de contar cunha infraestrutura propia nin de realizar ningún tipo de investimento”.

Para poder optar a esta modalidade, os fogares interesados deberán residir nun radio inferior a dous quilómetros de distancia da cuberta onde estean situadas as placas fotovoltaicas e ter o contrato de electricidade con Iberdrola. Cando estean en marcha, as tres infraestruturas evitarán a emisión de 1.923 toneladas de CO2 en 30 anos. Segundo engade a empresa, “estímase que os beneficiarios obteñan unha redución da factura da luz anual de preto de un 40% en todos os casos”.

Os novos equipamentos dan continuidade ao primeiro proxecto destas características que a compañía eléctrica comercializou en Galicia no tellado dun taller na localidade pontevedresa de Moaña no principio do ano.

Polo que se refire á instalación da nosa comarca, estará situada nos tellados de Boiro Padel, en Boiro, e servirán para executar unha obra para a que Iberdrola proxecta emprazar 242 placas fotovoltaicas que xerarán unha enerxía de 144.851 kWh anuais e das que se poderán beneficiar 207 veciños. Terán unha potencia instalada de 111.3 kWp, dos cales 8 kWp serán para as pistas e o resto para as familias que o soliciten. Así mesmo, grazas a esta infraestrutura reduciranse en 800 as toneladas de emisións de CO2 en 30 anos. “Esta modalidade de autoconsumo comunitario permite aos usuarios compartir enerxía cento por cento renovable desde unha instalación situada nas inmediacións do seu domicilio axudando a construír un mundo máis sustentábel”, apuntaron fontes de Iberdrola.

En total, Iberdrola instalará 696 paneis entre as tres infraestruturas que xerarán 348.319 kWh de enerxía de carácter renovábel e que evitarán a emisión de 70 toneladas de CO2 anuais.

A empresa lembrou que desde o 2015 é “a primeira empresa do sector en integrar solucións de autoconsumo a unha oferta que permite mellorar a eficiencia e o aforro á vez que aposta pola aceleración da transición enerxética”.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.