Galicia presenta un total de 117 praias como candidatas a optar á Bandeira Azul en 2024

08 Febreiro 2024

Galicia propuxo este ano un total de 117 praias —40 pertencentes á provincia da Coruña, 16 á de Lugo e 61 á de Pontevedra— como candidatas a optar á Bandeira Azul 2024, a mesma cifra que as que xa presentara na edición anterior.
Así o avanzou hoxe a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, tras participar en Madrid na reunión do xurado nacional encargado de conceder uns distintivos cos que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) recoñece
anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos, entre outros.
Tal e como explicou a directora xeral, con 117 praias propostas, Galicia é a terceira autonomía que formalizou máis candidaturas este ano, só por detrás da Comunidade Valenciana e Andalucía, que presentaron 154 e 152 praias, respectivamente.
Neste sentido e aínda que haberá que agardar ata mediados do mes de maio para coñecer a listaxe definitiva de areais galardoados, Belén do Campo amosou a súa confianza en que Galicia volva estar en 2024 entre as comunidades ao fronte da
clasificación das bandeiras azuis, que son, dixo, un “reclamo turístico innegable” xa que permiten facer das costas un destino atractivo ao tempo que dinamizan a economía e o emprego en todos os sectores vencellados ao turismo.
Por iso, aproveitou a súa intervención para poñer en valor o esforzo realizado polas administracións locais para participar cada ano neste programa de recoñecemento internacional e poñer a punto as súas praias co obxectivo de poder lucir o maior número
de distintivos azuis posible.
Nese sentido, a representante da Xunta desexou que os 35 concellos galegos que este ano presentaron algunha candidatura —15 da provincia da Coruña, 8 da de Lugo e 12 da de Pontevedra— se vexa recompensado cun distintivo para o 100% das súas praias, que deberán acreditar unha calidade das augas excelente, unhas boas condicións de seguridade, servizos e accesibilidade, así como unha atinada xestión medioambiental.
Cómpre lembrar que Galicia ocupa desde hai anos un dos primeiros postos da clasificación a nivel nacional en canto a número de distintivos azuis recibidos, con 174 na edición de 2023 entre praias, rutas, portos deportivos e centros de visitantes.
De feito e tras darse a coñecer xa a relación de sendeiros azuis do ano 2024, a Comunidade acaba de consolidarse como líder absoluto nesta categoría, con 49 rutas galardoadas e superando en 14 os itinerarios que foran recoñecidos en 2023.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...