“Fraga e Vilalba”. Xulio Xiz

07 Febreiro 2024

Sabendo que me meto en camisa de once varas, o ser vilalbés non é que me permita senón que me forza a escribir sobre o fillo de Fraga Bello que chegou a ministro. Na Academia, Daniel Ferreiro contábanos que Fraga, daquela con corenta anos, “xa só estudaba doce horas diarias”. Para os que estudiar dúas horas seguidas era un esforzo brutal, que alguén estudase doce era inconcebible.

Cando o fillo do antigo alcalde foi ministro, Vilalba fixo festa. Era o maior de doce irmáns, e comentábase que aínda era máis intelixente un irmán que morrera novo. Puxo a Vilalba no mapa, trataba con toda a xente, ao chegar a Vilalba collía un caxato e ía percorrer as fincas familiares, e o vilalbés que andivese por Madrid e precisara del tiña abertas as portas do seu despacho. Algún veciño en apuros sanitarios foi operado polo mellor especialista por xestión do vilalbés ministro que – luces e sombras como tododiós – propiciou aperturas como as Leis de Prensa e Liberdade Relixiosa e o milagre do turismo.

Cándido de min, coidaba que estaría redimido do seu pasado ademocrático (se algo é alegal cando non hai lei que o regule, cando non hai democracia ben podemos chamarlle así) tendo sido fundador dun partido democrático, un dos pais da Constitución, Vicepresidente do primeiro goberno da monarquía e Presidente da Galicia democrática con varias maiorías absolutas. Redención reforzada pola demostrada querencia vilalbesa, conseguirnos a cidade cultural que leva o seu nome e ser vilalbés senlleiro. Non me parece xusto quitar o seu busto nin borrar a súa memoria no rueiro vilalbés nin
da cidade cultural que nos abríu os ollos ao futuro.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...