En marcha o Programa Integrado de Emprego dos concellos do Baixo Ulla

13 Febreiro 2024
Formaranse 100 persoas de Padrón, Rois, Dodro, Pontecesures, Valga e Catoira ata novembro de 2024

Os concellos do Baixo Ulla volveron xuntar forzas a prol da formación e do emprego. Esta semana, o alcalde de Dodro, Xabier Castro; a alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino; o alcalde de Rois, Ramón Tojo; o alcalde de Catoira, Xoán Xosé Castaño; o alcalde de Padrón, Anxo Arca e o concelleiro de Cultura e Xuventude de Valga, Pedro Calvo inauguración o Programa Integrado de Emprego (PIE) posto en marcha polos ditos concellos no salón de plenos do Consistorio de Pontecesures.

Segundo explicaron, trátase dun programa que ten por obxectivo mellorar a empregabilidade de persoas en situación de desemprego na zona. Ademais, destacaron que no PIE do Baixo Ulla ten unha especial relevancia a presenza da muller, 74 alumnas fronte a 26 homes; e a franxa de idade de maiores de 45 anos, que supera o 58% do alumnado.

O programa está moi enfocado á inserción laboral. Trátase de superar o 37% de ocupación ao remate do programa, unha cifra que se superou nas oito edicións anteriores e que o ano pasado chegou ao 40%. O PIE desenvolverase ata novembro de 2024.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.