Detido en O Milladoiro un dos irmáns Dalton de Ribeira tras darse á fuga nun coche roubado

15 Febreiro 2024

Dúas patrullas da Garda Civil de Milladoiro, Ames,interviron na detención dun dos irmáns Dalton de Ribeira que acumula un longo historial de delitos contra a seguridade viaria e roubos. Neste caso, a acusación é a de furto e uso de vehículo de motor (pilotaba un rechamante Volkswagen Golf de cor vermella) que foi subtraído este mércores dun taller emprazado en Teo.

Unha patrulla da Benemérita detectou pola matrícula que existía unha denuncia pola desaparición do turismo que nese momento estaba a circular pola avenida Rosalía de Castro de Milladoiro de forma perigosa. Ambas as circunstancias motivaron que se lle instase a deter a marcha, empregando as pertinentes sinales acústicas e luminosas. O suxeito, duns corenta anos, facía caso omiso, ata que detivo o automóbil e emprendeu a fuxida por unha das travesías perpendiculares. Alí foi capturado por unha segunda patrulla.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.