
Ante unha queixa presentada por parte dunha familia da comarca do Barbanza á oficina da Valedora do Pobo, a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia fai caso omiso, en tres ocasións, á solicitude dun informe para coñecer as xestións realizadas, por parte da Administración autonómica, para coas demandas desa familia e que lle está creando unha evidente indefensión.
A pesar de ser requirido, reiteradamente en tres ocasións, o necesario informe da Consellería de Política Social, a Valedora do Pobo lémbralle os deberes legais que ten a Administración autonómica de ser atendidos os requirimentos do organismo dependente do Parlamento de Galicia, nun prazo de quince días, e que de non ser atendida poderá ser considera como hostil e entorpecedora.
A Valedora do Pobo vai máis aló e lembra á Consellería de Política Social, o artigo 502 do Código penal no que se contempla a posibilidade de que “serán castigados como reos do delito de desobediencia ou penas de suspensión de emprego ou cargo público polo tempo de seis meses a dous anos”.
A dilatación indebida do envío dos informes que se soliciten, por parte da Valedora do Pobo, ou dificultando o acceso aos expedientes ou documentación administrativa necesaria para calquera investigación, ante a queixa dun cidadán, converte á Administración autonómica en reo dun claro delito de desobediencia.



