“Cultivadores do mar con cultivadores da terra” – Antón Luaces

20 Febreiro 2024

Xuntos, os de terra e os do mar, para diciren, alto e forte, “Basta, abonda xa!”.

Porque a falta de resposta do Goberno ante as reiteradas peticións de redución do IVE (Imposto sobre o Valor Engadido) para os produtos pesqueiros conduce aos profesionais da pesca á unión cos seus compañeiros do agro e a gandería.  É dicir: os sectores da pesca, a acuicultura e as peixeirías, apoian publicamente as reivindicacións dos agricultores e gandeiros españois. Sumaranse por este motivo á manifestación  do vindeiro 26 de febreiro, cadrando co Consello de Ministros da UE (Agrifish), en Madrid, convocada polas organización agrarias ASAJA, COAG e UPA.

En concreto, a Asociación Empresarial de Agricultura Española (APROMAR), Confederación Española de Pesca (CEPESCA). Federación Nacional de Cofradías de Pescadores (FNCP) e a Federación Nacional de Asociaciones Provinciales de Empresarios Detallistas de Pescados y Productos Congelados (FEDEPESCA) van sumarse a esa manifestación após ter recompilado datos durante as reunións celebradas nas últimas semanas, sobre a “crise de futuro” polo que está a pasar o sector primario español e europeo, dempois de ter solicitado ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Plaza, una xuntanza na que tentan expresar as súas inquedanzas e as das súas empresas e as dos traballadores que as conforman no momento actual, e que afectan directamente ao sector tanto en España como en Europa.

A crise europea saca á luz os problemas que ten a pesca española, á que se debe recoñecer e valorizar o papel dos pescadores e a vital importancia do seu labor para o abastecemento alimentario do país. Compre eliminar a desigualdade do trato entre pescadores e agricultores, o que sería un importante paso avante cara a creación dun sistema de produción máis xusto e sostible. Por exemplo na necesidade de conciliar a actividade produtiva coa protección do medio mariño.

É preciso eliminar, mediante a modificación de leis, aqueles aspectos que significan desigualdade de trato entre pescadores e agricultores porque, entre as políticas de regulación pesqueira aínda non se chegou ao necesario equilibrio entre a preservación dos recursos e a continuidade económica das comunidades dependentes da pesca como é, neste caso, Galicia. Algo que semella non figurar nos manuais de traballo dun Ministerio que, en España, engloba a pesca, a agricultura e a alimentación.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.