CONGALSA avanza no seu proceso de crecemento adquirindo novo solo industrial na Tomada (A Pobra)

29 Febreiro 2024

CONGALSA, firma referente en produtos do mar con sede no Polígono da Tomada (A Pobra) comezou o ano dando pasos firmes no seu proceso proceso de crecemento e expansión, en concreto adquirindo novo solo empresarial. Así, a firma, tras o resultado da poxa pública, adquiriu dúas novas parcelas na Tomada, precisamente, dúas parcelas contiguas a aquelas nas que sitúa a súa actividade principal, con naves incluídas, e que constituían a sede da antiga LUMAFER.

“Ademais de impulsar o noso crecemento pola vía inorgánica, coa compra de compañías como a portuguesa Sulpasteis no ano 2020, seguimos apostando por darlle unha maior dimensión ao noso proxecto tamén desde Galicia”, afirma Luis Miguel Simarro, director xeral da empresa, engadindo que “a adquisición da nova superficie industrial no Polígono da Tomada, no que se desenvolve a nosa actividade principal, é a proba máis evidente da nosa vontade de continuar fortalecendo o noso proxecto”.

6.000 metros cadrados

As novas parcelas, numeradas como P16 e P17, súmanse ás sete que a empresa xa posúe no Polígono da Pobra do Caramiñal: a P10 (orientada a estacionamento de vehículos, a P13, P14, P15, P19 (destinadas a actividade fabril) e a P18 e P20 (que se utilizan como instalacións frigoríficas, principalmente).

Para levar a cabo esta adquisición, a través dunha execución hipotecaria no marco dun procedemento concursal, a empresa con sede na Pobra do Caramiñal contou co asesoramento de Méndez e Lampón Abogados, despacho que conta con sedes en Ribeira e Padrón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...