Comezaron os traballos para mellorar a pista deportiva de Castiñeiras

09 Febreiro 2024

O Concello de Ribeira informou do arrinque dos traballos para a posta a punto da pista deportiva da parroquia de Castiñeiras, na remodelada contorna da Punta do Castro. Os labores están sendo desenvolvidos pola brigada municipal e comezaron esta semana, centrándose en mudar o peche perimetral da dita instalación.

Ademais, nos fondos instalarase un peche para pistas multideporte; e tamén será reparado o arame dos valos laterais.

Os traballos encádranse nunha liña estratéxica do Concello que consiste na optimización de tódalas áreas deportivas das parroquias do municipio.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.