“Chéirame a caldo,, a cocido, a filloas e orellas”. Antón Luaces

10 Febreiro 2024

Son estes días de recendos que nos retrotraen a tempos pasados íntimamente ligados á familia, a vellos coñecidos (moitos deles desaparecidos), a circunstancias que marcan os vínculos da carencia coa abundancia ou o despropósito dunha política (o franquismo) que impedía aos cidadáns disfrazarse e sair á rúa sendo un home ir con roupas de muller (poucas mulleres se disfrazaban de homes), sabas e colchas multicores pare ter apariencia de mouros e, as mozas, tentando recoñecer no paseo de tarde-noite a aquel mozo que se lles achegaba sen careta pero tan enlarafuzado que nen os da  casa o darìa recoñecido. 

Relatábame vai anos un coñecido membro da Garda Civil destinado en Ribeira, que había orde expresa “da autoridade” de non permitir disfraces de cregos, militares, policías nacionais ou gardas civís polo temor a que, valéndose deses disfraces, os disfrazados  cometeran calquera falcatruada sobre todo de tipo político. 

O de menos era, ao parecer, o desexo festivo. Había que reprimir -e sobre de todo evitar- que, valéndose do disfraz, aqueles aos que non se lles permitía expresarse públicamente en torno a asuntos cotiáns da política, poideran se manifestar mediante o uso dunha careta. (Cando Ribeira poido sacar á rúa en Semana Santa o “paso” de Xesús Cristo no horto das oliveiras, ningunha autoridade prohibiu aos confrades desa irmandade que se encapucharan e, amáis de acompañar a procesión, entraran e saíran desta para tomar uns chiquitos nas tabernas que atopaban no percorrido. (Era notable o “balanceo” de máis dun membro da confrarìa relixiosa debido ao mar de viño que levaba a bordo).

Corrían os derradeiros anos do decenio dos 50, primeiros dos 60. A man dura aplicábase con rigor, e só a parella formada por Juan O Marquès  e a súa muller eran quen de sair disfrazados á rúa conscientes de que nada lles dirían as autoridades, máis dadas neste caso a aplaudir e animar á parella que, dende o seu domicilio en Bandaurrío, percorrían Ribeira ata O Castelo metèndose con  todo “quisque” e facendo festa con quen lles petara durante o percorrido. Para eles non había contravencións e sí moitos azos para que non se retuiaran moi  cedo porque, sen eles, a festa non deixaba de sela, pero menos.

Non eran, daquela, tempos de cocido coma os de hoxe en día. Sí de filloas e rosquiñas, estrelas e, obviamente, orellas. As mesas dos menos ricos -que eran as da maioría dos habitantes de Santa Uxía- estaban nese tempo presididas pola súa maxestade o caldo de repolo, que cheiraba de lonxe. O lacón, a cachola de porco e as orellas deste, incorporáronse moi posteriormente a esta festa lúdica e gastronómica que tanto ben nos fai na actualidade e que, naquel entonces, con tanta ansia agardabamos ano tras ano, con baile no salón de Cambeiro.

Outros artigos

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.