Boiro pecha de maneira preventiva a captación de auga de Cubelo

24 Febreiro 2024

O Concello de Boiro tivo que cortar a captación de auga da zona de Cubelo ante a aparición dunha vaca morta nas inmediacións dun pequeno río que presta subministración á rede do municipio.

Ao respecto o concello fixo pública esta tarde unha nota na que que indica que ante as informacións contraditorias e pouco precisas sobre a aparición de vacas mortas no leito do río en Boiro, denunciadas publicamente por unha asociación ecoloxista, infórmase dos seguintes feitos:

Primeiro: O departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro recibiu a pasada fin de semana un aviso sobre a presenza dunha vaca morta nas proximidades do río Coroño, na zona da Graña. Tan pronto como se tivo constancia, informouse a Garda Civil, Policía Autonómica e Medio Rural, e unha vez identificado o dono do animal, o domingo 18 de febreiro, notificóuselle a súa obrigación de retiralo.

Segundo: Segundo o procedemento establecido para estes casos, se nun prazo máximo de dous días non se retira o animal, é a Administración Local, a través da empresa GESTUGA, a encargada de levar a cabo a retirada. Así, foi a empresa GESTUGA a que o mércores 21 de febreiro procedeu a recoller o animal.

Terceiro: Na tarde do venres 23 de febreiro, a solicitude do Concello de Boiro, o servizo de emerxencias municipal realizou unha revisión de todo o leito do río, cando se tivo coñecemento da aparición dunha SEGUNDA vaca morta na zona de Noceda, activándose novamente o mesmo protocolo, en coordinación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Boiro.

Cuarto: O sábado 24 de febreiro notificouse ao propietario da vaca a súa obrigación de retirala e, en caso de non facelo, será o Concello o encargado de recollela e os gastos deste servizo pasaránselle ao propietario. Paralelamente á notificación ao propietario, o Concello de Boiro contactou coa empresa GESTUGA para a retirada do animal o mesmo luns, no caso de que o propietario non o faga.

Quinto: Dado que a segunda vaca morta, atopada o venres 23 pola tarde, estaba preto dun pequeno río que fornece auga á captación que o Concello de Boiro ten en Cubelo, o propio Concello retirou a vaca do leito do río e cortou a subministración de auga de Cubelo como medida de precaución, ata que se obteñan os resultados das análises de auga que validen a ausencia de contaminación e abastézase unicamente da auga da captación do Ulla.

Sexto: O Concello de Boiro e Medio Rural trasladaron toda a información ao Seprona para que leven a cabo o procedemento sancionador correspondente ante estes feitos. Do mesmo xeito, lamentan que fronte a un caso de seguridade animal, algunhas entidades divulguen información sen contrastar en lugar de informar as entidades e administracións competentes para levar a cabo os procedementos correspondentes nestes casos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...