Barbanza Arousa recibe as primeiras adhesións ao SICTED

23 Febreiro 2024

A Mancomunidade Barbanza Arousa, en consonancia coa súa estratexia de colaboración público-privada, continúa este ano coa implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, entre os axentes turísticos do territorio. Nesta ocasión, a primeira xornada divulgativa tivo lugar no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira o pasado día 21 de febreiro. Esta reunión xa deu os seus primeiros resultados que se concretaron na adhesión ao SICTED de 6 novas empresas de cinco oficios turísticos diferentes.

O vindeiro martes día 27 celebrarase a segunda reunión informativa no auditorio de Rianxo ás 17:00h.

Segundo explica a Mancomunidade, o SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da FEMP, que traballa con servizos turísticos de ata 36 oficios diferentes, podendo participar todos os establecementos que se atopan no círculo do consumo do turista como transporte, aloxamento, restauración, comercio ou axencias de viaxes entre outras.

O obxectivo último é mellorar a experiencia e satisfacción do turista; mais para os servizos turísticos que decidan adherirse ofrece beneficios tales como mellorar a xestión interna, dispoñer dunha referencia para mellorar o seu traballo, incrementar a cualificación do persoal, compartir experiencias con empresarios do mesmo sector, participar no maior proxecto de calidade turística desenvolvido en España con máis de 9.000 servizos turísticos participantes ou optar a un distintivo que acredita o nivel de calidade turística, recoñecendo o esforzo realizado a nivel nacional e internacional.

Na pasada edición da implantación do SICTED conseguiron certificarse 36 empresas e servizos turísticos do destino, representando a un total de 16 oficios diferentes, recibindo o recoñecemento a nivel nacional como caso de éxito na implantación deste selo de calidade turística.

Para asistir a esta reunión é preciso inscribirse a través do correo electrónico info@barbanzarousa.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...