Atentado o patrimonio en Dodro: Danos na Ruta Pensa Nao e o entorno do petróglifo da Devesa dos Mouchos

25 Febreiro 2024

Varios veciños de Dodro e sendeiristas denuncian os danos da Ruta Pensa Nao e o entorno do petróglifo da Devesa dos Mouchos.
Os danos nos camiños e do entorno do petróglifo foron realizados durante as labores de corta de madeira feita por empresas madeireiras que están actuando no lugar. Aparte dos danos nos camiños, tamén se aprecian restos de garrafas plásticas de aceites, combustibles e de todo tipo de refrescos e auga ao longo de todo o percorrido do roteiro segundo nos informan varios veciños e sendeiristas que estes derradeiros días viron imposible a realización desta ruta. Hai varios postes de sinalización do roteiro tirados e mesmo tronzados a beira dos camiños.
O Roteiro Pensa Nao foi financiado por Turismo da Deputación da Coruña, percorre os principais xacementos arqueolóxicos do concello e os lugares da novela de Anxo Angueira do mesmo nome. Foi inaugurado en decembro de 2022.
O petróglifo da Devesa foi descuberto no 2015, está formado por círculos concéntricos e con coviñas no centro destes, sobre unha rocha nas inmediacións da aldea da Devesa dos Mouchos, no lugar de Viachán. Ten certas semellanzas cun labirinto do Petróglifo de Mogor en Marín.


Ficha en O Baixoulla.gal:
https://www.obaixoulla.gal/elementos/dodro/arqueoloxia/petroglifo-da-devesa-dos-mouchos

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...