A Mancomunidade Barbanza Arousa formada polos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo, comparte na súa web a listaxe das empresas dos concellos xa certificadas coa prestixiosa acreditación de calidade turística SICTED, unha listaxe formada por 35 establecementos repartidos por todo o territorio do Barbanza Arousa, que, en palabras da Mancomunidade, “compoñen este destino turístico como un referente en materia de calidade”.

A relación de establecementos está formada (polo de agora) polas seguintes empresas, entidades e servizos locais:
A Pousada da Galiza Imaxinaria
Aldea Os Muiños
Apartadiño
Café Ágora
Casa da Posta de Valmaior
Casa O Soqueiro
Casa Rural Laxido
Centro Arqueolóxico do Barbanza
Náutico Boiro – Marina Cabo de Cruz
Náutico Barraña Boiro
Marina da Pobra do Caramiñal
O Curral do Marqués
Galicia Guiada
O Lar do Trilli
Hotel Rural Entre Os Ríos
Adega Entre os Ríos
La Casita de la Playa
Museo Valle-Inclán
Nojira
Casa Rural O Cruceiro
Oceanic Arousa Tours
Casa Rural Os Petroglifos
Pazo Torre Xunqueiras
Restaurante Chicolino
Restaurante Sisal
Taxi 5 Boiro
Vértigo Aventura
Praia Os Areos
Praia de Coroso
Praia de A Lombiña-Cabío
Oficina de Turismo A Pobra do Caramiñal
Oficina de Turismo do Malecón – Ribeira
Oficina de Turismo de Boiro
Oficina de Turismo de Rianxo
Museo de Artes do Grabado de Ribeira
Xornadas de traballo
A Mancomunidade vai organizar os días vindeiros dúas xornadas de traballo relativas ao certificado SICTED e ás vantaxes de acadalo.
A primeira destas reunións informativas será o vindeiro día 21 de febreiro ás 10:30 no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira.
A segunda reunión terá lugar o 27 de febreiro ás 17:00h no auditorio de Rianxo.
As empresas do destino poderán escoller a reunión informativa que mellor se adapte á súa dispoñibilidade.
Sobre o SICTED
O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da FEMP, que traballa con servizos turísticos de ata 36 oficios diferentes, podendo participar todos os establecementos que se atopan no círculo do consumo do turista como transporte, aloxamento, restauración, comercio ou axencias de viaxes entre outras.
O obxectivo último é “mellorar a experiencia e satisfacción do turista; mais para os servizos turísticos que decidan adherirse ofrece beneficios tales como mellorar a xestión interna, dispoñer dunha referencia para mellorar o seu traballo, incrementar a cualificación do persoal, compartir experiencias con empresarios do mesmo sector, participar no maior proxecto de calidade turística desenvolto en España con máis de 9000 servizos turísticos participantes ou optar a un distintivo que acredita o nivel de calidade turística, recoñecendo o esforzo realizado a nivel nacional e internacional”.
Na pasada edición da implantación do SICTED conseguiron certificarse 36 empresas e servizos turísticos do destino, representando a un total de 16 oficios diferentes, recibindo o recoñecemento a nivel nacional como caso de éxito na implantación deste selo de calidade turística.
Para asistir a esta reunión informativa é preciso inscribirse a través do correo electrónico info@barbanzarousa.gal.



