18F: As enquisas apuntan a que Alfonso Rueda pode revalidar a maioría absoluta nun escenario aínda aberto

11 Febreiro 2024

As oito sondaxes publicadas hoxe en prensa escrita coinciden en que o Partido Popular gañará as eleccións. Só unha, a difunfida por El Pais, abre a porta a que o faga con menos de 38 escanos. O resto sitúa os populares por enriba do umbral da maioría absoluta, con ata 42 deputados.

Os barómetros difundidos este domingo sitúan o BNG como segunda forza duplicando prácticamente o PSdeG. Os nacionalistas quedarían con entre 19 e 26 parlamentarios e os socialistas con entre 10 e 14.

Algúns destes estudos demoscópicos abren a porta a que Sumar e Democracia Ourensana consigan entrar no Parlamento autonómico, pero todas coinciden en que Vox e Podemos non van conseguir ningún deputado

A sete días das eleccións, as enquisas apuntan a que Alfonso Rueda pode revalidar a maioría absoluta nun escenario en todo caso aínda aberto. Todos os barómetros debuxan un escenario máis ou menos semellante aínda que cada un cos seus matices.

A enquisa de Sondaxe que publica La Voz, por exemplo, apunta a que o PP é a forza que máis sobe dende o inicio da campaña. Co 46% dos votos, os populares conseguirían 39 escanos. O Bloque, tamén á alza, quedaría con 23 deputados e os socialistas con 13. 

É un escenario parecido ao que perfila o barómetro de Gesop para Prensa Ibérica. Faro de Vigo, El Correo Gallego e La Opinión publican unha sondaxe na que os populares conseguirían a maioría absoluta con entre 38 e 39 parlamentarios, co Bloque entre 24 e 26 e o PSdeG entre 11 e 12.

Todos os estudos demoscópicos publicados hoxe coinciden en que o Bloque medra a costa dos socialistas. A enquisa do Instituto DYM para El Progreso e Diario de Pontevedra sitúa ós nacionalistas con entre 23-24 estanos e ó PSdeG nos 11-12. O PP tería maioría absoluta con 39-40 parlamentarios e esta sondaxe abre a porta a que entre no parlamento Democracia Ourensana cunha acta.

É un diagnóstico semellante ó que fai Infortécnica para La Región e Atlántico. Este barómetro cre que pode entrar esa forza en Ourense pero tamén o pode facer Sumar, con ata dous escanos nas provincias atlánticas. En todo caso, o resto do debuxo é moi parecido. O PP tería unha maioría absoluta con entre 39 e 42 deputados, o BNG quedaría con entre 21 e 23 e o PSdeG andaría entre os 11 e os 12.

Tamén calcula que pode entrar Sumar no parlamento autonómico unha enquisa de DemosGal que publica El Ideal Gallego e o resto de xornais da Editorial La Capital. Esta sondaxe sitúa o PP entre os 39 e 41 escanos, ó BNG entre os 19 e os 20 e o PSdeG entre os 12 e os 14.

Para Nós Diario o BNG roza o 30% fronte a un PP á baixa. Maioría para o PP con 38 escanos, 23 para o Bloque, 13 para os socialistas e 1 para Democracia Ourensana.

Todas as sondaxes publicadas pola prensa coinciden en debuxar un escenario máis ou menos semellante agás unha, a de 40dB para El País. Este xornal titula que “a maioría absoluta do PP periga”. O certo é que esta enquisa da unha horquilla moi ampla. Sitúa os populares entre os 36 e os 40 deputados, dous por debaixo ou dous por enriba desa maioría absoluta. O Bloque estaría entre os 22 e os 25 e o PSdeG entre 10 e 13. Tamén entraría Democracia Ourensana no Hórreo cunha acta.

Non o conseguirá segundo o panel de Sigma Dos que publica El Mundo. Nesta sondaxe os populares revalidarían a maioría absoluta con entre 39 e 41 escanos, co BNG entre os 21 e os 23 e o PSdeG entre 12 e 13.

Todos os barómetros debuxan un escenario máis ou menos semellante

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.