“Antonio” non é amoral, é inmoral.
Unha persoa amoral actúa sen coñecer a moral e por tanto non sabe se obra mal ou ben, mentres que un inmoral é aquel que contravén as normas da moral e sabe que o fai como o puidemos ver.
Eu a un político non lle pido que sexa infalible, que sexa un santo, pídolle só que administre o estado de igual maneira que administraría a súa casa.
Nun naufraxio o capital e o oficial radiotelegrafista son os últimos en abandonar o buque.
Pídolle responsabilidade, ser máis eficiente que eficaz.
Eficaz conseguir máscaras a un custo de 1millon de €, eficiente conseguilas por cen mil €.
Porque vemos que, co diñeiro alleo, o diñeiro de todos non se gasta coma se fose o propio.
A ministra Carmen Calvo,” o diñeiro público non é de ninguén” hoxe ascendida a presidenta do Consello de Estado. Preguntaríalle eu, quen puxo aí o diñeiro ou caeu do ceo.
Se un político xestiona ben para a comunidade, esta xestionando ben para si mesmo, mentres que, se xestiona ben para si, non xestiona ben para a sociedade.
A quen lle espera ao abandono da política un bo traballo e un bo salario, non ten interese en manterse no cargo custe o que custe, ao fin fóra da política ten vida, o problema radica, quen ao abandonar a política non ten onde caerse, ou regresa ao abandono, regresa a soportar a vida dese xeito.
“Podes enganar a todas as persoas unha parte do tempo e a algunhas persoas todo o tempo, pero non podes enganar a todas as persoas todo o tempo”.
O mais rechamante é que o engano ou a mentira nestes casos ten dúas vertentes, é dicir hai a mentira matutina, e a mentira vespertina que se opón á da mañá.
Un malvado non sería malvado sen esa capa social que lle sustenta.
«O preocupante non é a perversidade dos malvado senón a indiferenza dos bos» Martin Luther King.
Entendo a perversidade dos que viven diso, pero que lles aplaudan, aquilo que teñen que traballar, mal vivir, manter a familia con dificultades, e aplaudan a unha cuadrilla de estafadores, polo menos moralmente, e economicamente, e outras falcatruadas,
El que por su gusto muere, hasta la muerte le sabe.
Pero é triste ver a un pobo languidecer, é triste que a alternativa, estea entre o malo e o peor, triste moi triste.




