Amicos pon en marcha a cuarta edición do seu Programa Integrado de Emprego inaugurándoo cun curso de carretilleira

06 Febreiro 2024

Amicos, asociación barbanzá sen ánimo de lucro para a integración e atención de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise e dano cerebral, vén de pór en marcha a cuarta edición do seu Programa Integrado de Emprego. O dito programa botaba a andar hoxe, martes 6 de febreiro, co comezo do curso de Operadora de carretilla elevadora. A formación, que pertence ao itinerario de almacén, realizarase até este venres 9 de febreiro.

Dicir que o obxectivo deste programa é procurar a inserción sociolaboral das cen mulleres participantes a través da mellora da súa capacitación, apoio, asesoramento e orientación laboral.

Engadir que este curso de operadora de carretilla conta coa participación dun total de quince mulleres. A formación ten unha duración de vinte horas, das que cinco corresponden á parte teórica,

mentres que as restantes quince son prácticas. Esta segunda parte desenvolverase no Servizo municipal de emerxencias de Boiro.

Unha vez rematado o curso, as participantes obterán o carné de carretilla elevadora. Asemade, as técnicas do programa en Amicos, Andrea Beiro e Marta Besada, están en contacto con distintas empresas da comarca do Barbanza para que as participantes poidan obter un emprego relacionado co seu itinerario. Cómpre subliñar que os seus esforzos están especialmente dirixidos a negocios do sector conserveiro como Jealsa, de distribución alimentaria como Vegalsa-Eroski ou Gadisa, ou ben no pequeno e mediano comercio da zona.

O Programa Integrado de Emprego da Asociación Amicos, con sedes en Ribeira e Boiro, está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Nas tres edicións anteriores, este programa axudou a máis de 360 persoas e conseguiu no último ano que máis de 200 de persoas se fixesen cun emprego.

A iniciativa, que se desenvolverá durante un ano, está enfocada nos sectores de comercio, atención á clientela e desenvolvemento de habilidades sociais, así como funcións de almacén, tanto en industria como no sector comercio.

Por último, sinalar que esta é unhas das moitas iniciativas que leva a cabo o departamento de Emprego da entidade barbanzá, que axuda a diario a máis de 1000 persoas e colabora con empresas de ámbito local, autonómico e nacional para favorecer a inserción laboral dos colectivos en risco de exclusión social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...