AGADEA organiza en Boiro actividades, charlas e cribados sobre o Alzhéimer

16 Febreiro 2024

Previr a deterioración cognitiva dos veciños maiores de 65 anos de Boiro, manter o maior tempo posíbel unha axeitada saúde mental e calidade de vida, así como a detección precoz do Alzhéimer, son os obxectivos da nova iniciativa Vida Activa, da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA), o Concello de Boiro e Caixabank.

Indo ao miolo desta proposta, serán todos os martes en horario de tarde, de 17 a 18:30h no local social de Abanqueiro (Boiro), cando un equipo de profesionais de AGADEA orientados pola psicóloga da entidade, Alba Igrexas, leven a cabo obradoiros dirixidos a persoas con dúbidas subxectivas de memoria ou para aquelas interesadas en preservar as súas capacidades cognitivas.

Así, aos grupos formados, como máximo por 10 persoas, realizaráselles un cribado, actividades de envellecemento activo e un estudo optométrico e audiolóxico. Os resultados destas probas permitirán ter un diagnóstico exacto para traballar a detección precoz do Alzhéimer. Dicir que os grupos xa están activos e todas aquelas persoas que desexen darse de alta poden pórse en contacto con AGADEA no número de teléfono 672.70.50.53.

Amais desta actividade, haberá un ciclo de charlas para coidadores e coidadoras informais e profesionais que se celebrará no Centro Sociocultural de Boiro de 17 a 19h. A primeira destas charlas: O manexo da medicación en persoas con demencia, será o 21 de febreiro e terá como relatora á enfermeira Ana Calvo. O día 13 de marzo, o avogado Eduardo Porta explicará o Réxime legal das medidas de apoio ás persoas con discapacidade derivadas da nova Lei 8/2021.

O 13 de abril a nutricionista Uxía Rodríguez dará as Claves da alimentación en persoas con Alzhéimer e o 14 de maio o musicólogo, Tomás Rábago pechará o ciclo coa charla Musicoterapia. Ou poder da música.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...