A Xunta concedeu máis 440.000 axudas a entidades protectoras de animais (incluídos os concellos de Rianxo, O Son e Rois)

14 Febreiro 2024

A Xunta de Galicia fixo balance das axudas concedidas ás entidades locais e asociacións protectoras de animais para apoialas no coidado, atención e manutención das mascotas abandonadas que teñen ao seu cargo. Segundo se fai saber no balance, concedéronse o ano pasado máis de 440.000 euros en axudas a preto de medio cento de entidades e colectivos. Así o recollen dúas resolucións publicadas este 14 de febreiro polo Diario Oficial de Galicia que dan conta dos resultados doutras tantas ordes convocadas en 2023 para axudar a estas organizacións no desenvolvemento do seu labor diario.

A primeira das resolucións mostra que as achegas destinadas ás entidades locais contaron cun total de 33 beneficiarios, entre os que se atopan 29 concellos (por exemplo Rianxo, Porto do Son e Rois), as deputacións de Ourense e Pontevedra, o Consorcio das Mariñas e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol. En total contaron cunha axuda de 230.000 euros.

Estes recursos públicos contribuíron a financiar, entre outros, os gastos relacionados coa esterilización cirúrxica, a identificación mediante microchip e a inscrición no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (RECIAC), así como alimentos, a vacinación ou a liberación de parasitos.

A segunda resolución recolle as 28 achegas concedidas a 14 asociacións inscritas no Rexistro galego para a protección e defensa dos animais de compañía por un importe global de máis de 210.000 euros. Neste caso, ademais dos gastos subvencionábeis aplicábeis ás entidades locais, tamén se inclúe a compra de material non funxíbel como a adquisición de equipamentos como remolques para facilitar o transporte dos animais, software específico e dispositivos electrónicos para mellorar a xestión dos distintos centros ou equipamento veterinario. Estas entidades poden beneficiarse ademais de achegas dirixidas a apoiar a realización de campañas de concienciación sobre a tenza responsable e a adopción de animais abandonados.

Nestes momentos están abertas as convocatorias para este ano de ambas liñas de axudas -tanto para as entidades locais como para as asociacións protectoras- cun orzamento de 450.000 euros. As entidades interesadas en acceder ás achegas poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 13 de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.