A Xunta colabora con ADISBISMUR para ofrecer uns coidados e servizos de calidade aos seus usuarios

01 Febreiro 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, puxo hoxe en valor o feito de que Galicia conte dunha
ampla rede de centros de día e ocupacionais que melloran a calidade de vida das persoas que teñen a súa autonomía limitada e das súas familias. Así o destacou durante a visita aos centros que a entidade Adisbismur xestiona en Outes, aos que asisten persoas con
discapacidade da comarca de Muros e co que a Xunta colabora a través do financiamento de prazas e das axudas do 0,7% do IRPF.
A directora xeral apuntou que é o traballado coordinado entre a Xunta e as entidades sociais o que fai que a nosa comunidade autónoma sexa cada día máis solidaria, xusta e integradora. Neste sentido, destacou as catro décadas de traxectoria que acumula xa Adisbismur, e que a converten nun referente no ámbito da atención á discapacidade.
Begoña Abeijón tivo a ocasión de conversar con usuarios e persoal destes centros, nos que se desenvolven actividades formativas, obradoiros de preparación para a inserción laboral, terapias de rehabilitación ou programas de ocio e tempo libre, entre outras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.