Xa temos data para XI Regata Caiac de Mar Concello de Rianxo, logo de que o mal tempo do 10 de febreiro, data inicial obrigase a adiar a celebración. Finalmente optouse polo sábado 2 de marzo. Será a partir das 10.00 horas no porto de Rianxo. As saídas están fixadas para as 10.00 e para as 11.30 horas. Organiza o Club de Piragüismo de Rianxo coa colaboración e o patrocinio do Concello e o apoio da Federación Galega de Piragüismo.




