
Axentes adscritos á Comisaría da Policía Nacional de Ribeira detiveron un home como presunto autor dun delito de furto e estafa continuados. A orixe da detención está na denuncia interposta por varias empresas armadoras na que poñen en coñecemento que un ex-empregado dunha delas, encargado de comprar material e ferramentas para a reparación en varios buques pertencentes ás citadas armadoras, estivéralles pasando facturas de compra das ferramentas, ata que comprobaron que moitas delas non aparecían nos barcos porque non as entregaba, polo que sospeitaron que se apropiara delas.
Tras iniciar a correspondente investigación, os axentes puideron comprobar que o ex-traballador puxera moitas das ferramentas denunciadas á venda en establecementos de compra venda de segunda man e en portais web de venda de artigos, obtendo por iso un beneficio de máis de 2.000 euros e causando ás empresas un prexuízo económico superior aos 8,000 euros. Finalmente puidéronse recuperar a maior parte das ferramentas, tales como amoladoras, parafusadores de impacto, trades (taladros) e outras, que foron entregadas aos seus lexítimos propietarios.
Por estes feitos, o ex-empregado foi detido e, tras tramitarse as correspondentes dilixencias, foi posto ao dispor da Xulgado Instrución de Guardia.



