A Pobra impulsa un curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais

19 Febreiro 2024

A Concellaría da Mocidade da Pobra do Caramiñal e Seforgasa unen forzas e impulsan un curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais.

“Colaboramos con esta acción formativa conscientes de que, se ben está dirixida a tódalas idades, o emprego como socorrista supón para moita xente nova a súa primeira toma de contacto co mundo laboral por lle permitir compatibiliza-los estudos cun traballo que se desenvolve sobre todo no verá”, explicou o concelleiro da Mocidade, Eloy Sobrido, quen engade que a modificación do decreto regulador destes cursos flexibiliza a súa impartición, polo cal agárdase que tamén contribúa a paliar a carencia de profesionais deste ámbito cando se convocan as prazas na época estival.

O edil quixo agradecer a iniciativa de Seforgasa, así como a participación da Protección Civil durante algunhas das clases prácticas que se efectuarán.

Pola súa parte, Fabri Vidal, en representación de Seforgasa, informou de que existen varias vías para se inscribir: o enderezo electrónico info@seforgasa.com; os teléfonos de contacto 981843317, 640500667 e 696236200; ou no propio concello, co axente de emprego e desenvolvemento local. O custo establécese nos 450 euros e as persoas aspirantes deberán reunir unha serie de requisitos, como ser maior de 18 anos; posuír, como mínimo, a ESO; e superar unha proba específica de acceso (que validará 120 horas no total).

Persoal especializado encargarase de impartir o curso, que se desenvolverá a partir do día 15 de marzo, cunha duración de 120 horas. A teoría será nas instalacións da empresa, situada na zona de San Lázaro, mentres que a práctica terá lugar nunha piscina e contornas naturais. Algúns dos módulos formativos son primeiros auxilios, lexislación, reanimación ou rescate, entre outros.

O horario adaptarase ás necesidades do alumnado.

Outros artigos

En Outes gran participación no obradoiro de Pampallíns

O concello de Outes celebrou o obradoiro de Pampallíns co obxectivo de poñer en valor e recuperar a tradición. No obradoiro participaron máis dunha ducia de voluntarias para preparar xuntas os Pampallíns tradicionais que farán o seu debut na noite do 30 de abril....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Oporto”. Alberto Barciela

“Oporto”. Alberto Barciela

Oporto puede seguirse en el sentido serpenteante de un río, o en la vertical de un océano, ascenderse o descenderse por meandros encajados en calles que a veces semejan acantilados, que siempre se precipitan hacia agua, una urbe universal cerca del tiempo que le tocó...