A Pobra activa novamente o obradoiro de conciliación do Entroido

02 Febreiro 2024

Mes de febreiro, época de Entroido. E estas datas, ademais das tradicionais celebracións, traen consigo días non lectivos. Por iso, na aposta por favorece-la compatibilización da vida persoal e laboral das familias, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal activa o obradoiro de conciliación para os días 12, 13 e 14, no CEP Salustiano Rey Eiras, dende as 09.00 ata as 14.00 horas.
A concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos, manifestou que se lles dá así continuidade ás distintas accións en materia de conciliación dirixidas a crianzas da infantil e da primaria para aquelas xornadas en que non teñen clase. Durante o acto de presentación e acompañada da axente da igualdade, Carolina Rodríguez, a edil aproveitou a ocasión para convidar á reflexión sobre o repartimento dos tempos e das tarefas “que afecta de forma moi diferente mulleres e homes e crea situacións de desigualdade.
Temos que supera-la idea de que a conciliación é unha cuestión das mulleres, e apostar pola corresponsabilidade como unha forma de mellora–lo benestar das familias e da sociedade en xeral.”
O prezo sitúase nos 9 euros por nena/neno, cun desconto do 50% á segunda irmá ou irmán e de balde para a/o terceira/o.
Ademais, as familias poderán optar aos servizos de Madruga e de Comedor, dos cales cómpre consulta-las condicións.
A inscrición pódese formalizar ata o día 8 de febreiro no Departamento da Igualdade, situado fronte á casa do concello.
Esta prestación en horario de mañá refórzase co Espazo de Coidados Corresponsables na quenda da tarde, o cal leva en funcionamento dende o inicio do curso nas xa referidas instalacións escolares, de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas. Trátase dun servizo municipal de balde suxeito a un mínimo de participantes.
Ámbalas propostas atópanse ao abeiro do Plan Corresponsables promovido e financiado con fondos procedentes do Ministerio da
Igualdade. Máis información no teléfono de contacto 981832764, marcando a opción 6, ou no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...