A patronal ribeirense sorteará dúas ceas para dúas persoas na súa Campaña de San Valentín

07 Febreiro 2024

A Asociación de Empresarios de Ribeira puxo en marcha unha nova edición da súa Campaña de San Valentín, destinada a seguir fortalecendo o tecido de establecementos locais, fomentar as compras de proximidade e recompensar a fidelidade da cidadanía aos negocios do concello. En concreto, compensarase este compromiso co local con dúas ceas para dúas persoas, segundo fixo saber a patronal ribeirense, engadindo que para participar, as e os clientes deben facer algunha compra nos establecementos asociados entre os días 3 e 14 de febreiro, e rexistrar os tíckets adquiridos na web da asociación, www.empresariosriveira.com. Como dixemos, entre todos os tíckets rexistrados a patronal sorteará dúas ceas para dúas persoas nas que os premiados ou premiadas poderán elixir o restaurante dentro dos asociados da entidade. Esta campaña está co-financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...