A Oficina Móbil Retorno a Galicia fai parada esta semana en Porto do Son

12 Febreiro 2024

A Oficina Móbil Retorno a Galicia, iniciativa itinerante da Xunta para facilitar a volta de persoas emigrantes e dos seus familiares, estará esta semana, o mércores 14 de febreiro en horario de 9.30 a 14.00 horas, na explanada marítima da vila.

A Secretaria Xeral de Emigración puxo en marcha o programa Oficina Móbil de Atención ás Persoas Emigrantes Retornadas. O obxecto deste programa é promover a inclusión e integración da poboación emigrante retornada e dos seus familiares en todo o territorio galego, cubrindo as necesidades de atención en todas aquelas áreas ou concellos que teñan máis dificultades para acceder ás sedes da Oficina de Retorno, situadas nas principais cidades galegas.

Ofrécense servizos como asesoramento personalizado, información sobre programas de retorno, xestión de trámites, orientación laboral e profesional e soporte en materia de vivenda e educación.

Máis información no teléfono 900 103 722.

Outros artigos

Martes 10, nubes e claros e temperaturas baixas

A situación meteorolóxica manterase estable este martes con ventos do nordés, que seguirán canalizando aire frío procedente do interior do continente europeo. Os ceos presentarán nubes e claros, con chuvascos que serán máis frecuentes e intensos na metade norte de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Notre Dame”. José Castro López

“Notre Dame”. José Castro López

Francia vive días de depresión política. Un extraño “consenso” entre las extremasizquierda y derecha tumbó al Gobierno y todo indica que el presidente no tiene fácil laresolución de esta crisis, muy preocupante para Europa porque coincide con el vacío depoder en...