“A miña análise electoral” – Manuel Domínguez

19 Febreiro 2024

A miña análise postelectoral.

O PP de Rueda consegue a súa quinta maioría absoluta, el a súa primeira vitoria.

A esquerda non avanza, segue estancada, dixeron, eu non, que funcionou a teoría dos vasos comunicantes, o que gaño o BNG é o que perdeu o PSOE, pois non así exactamente, o BNG gañou un 12,31% mais que nas anteriores e o PSOE perdeu un 6,24, o que nos di que o BNG subiu per se un 6,07, mérito da Pontón.

A asistencia ás urnas foi un 10,29 superior ao 2020.

Ana Pontón, paso a paso quitou ao BNG dos fondos, aos poucos vai subindo, pero hoxe é a terceira vez que se presenta candidata e non toca poder, leva 20 anos de deputada no Hórreo.

Pregúntome eu, 20 anos de deputada, tres veces candidata, sen conseguir tocar poder, talvez sería hora de presentar outro candidato? será hora de dar vida a outros valores dentro do BNG?

Ata a data os candidatos do PSOE que perden vanse para casa, onte Besteiro dixo, xa o veremos, que queda en Galicia, pero tiña reservado o escano en Madrid.

A esquerda non logrou dar avance, a perda do PP. dun 2,51, é entendible debido ao desgaste que causa o poder, persoalmente esperaba algo mais de perda, debido a como funciona a sanidade, a economía, en fin, a como marcha a sociedade, esperaba máis perda, pero os votos do PP. non son polo ben que o fixo, senón, non é un voto para ti senón contra o outro.

O BNG arrastra esa sombra do separatismo, e a elección dos amigos de compañía.

Como en 2019, os nacionalistas galegos van ás europeas con Bildu e ERC. Os abertzales propoñen o candidato e é Pernando Barrena, condenado en 2016 por pertenza a banda terrorista.

Pululan no aire eses ditos de Santo Antonio que me quede como estou, ou prefiro malo coñecido, que bo por coñecer, esa estraña dúbida de aceptar o novo, a desconfianza, e o galego é desconfiado e unha parte moi pesimista.

Sobes ou baixas? E logo ti. Que pensas disto?, e logo ti.

A todo isto, hai que esperar os votos da emigración, que poden alterar un punto.

Faise unha campaña en que as eleccións a comunidades afectan o candidato en Madrid, cousa que non vexo lóxica, unha cousa é votar ao candidato da Comunidade e outra ao do Estado, falaban que a perda da Comunidade de Galicia afectaría a Feijóo, xa lle buscaban candidata, afectase o desastre do PSOE en Galicia a Antonio, perdón a Pedro Sánchez.

Pois non, porque ten poder, todos son moi valentes con árbore caída, pero cando un ten poder, nin sombra ten, aínda que o sol este en o seu esplendor.

A Guerra di que esa frase non é del, “o que se move non sae na foto” e neste PSOE teno moi claro, clarísimo.

En Ribeira 15960, o PSOE tiña dous concelleiros, quedo nun, pero tocou poder, é a unión dos perdedores, así é esta chamada democracia.

Pontón, 20 anos deputada, tres intentos , tres derrotas, será candidata en 2028?

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...