A Confraría da Dorna celebrará a xa tradicional cea benéfica o 9 de marzo no pazo Torre de Xunqueiras, a partir das 21.30 horas. As entradas xa se poden adquirir na páxina web da entidade.
Ao termo da cea, a Real e Ilustre realizará un sorteo de diversos agasallos que foron doados por comercios locais. O diñeiro que se recade irá parar ao fondo social da entidade, que posteriormente decidirá a que causas o destina.
Coma en edicións anteriores, a asociación marcou un código de vestimenta para os comensais: levar algo na cabeza. Haberá un premio para o complemento máis pomposo.
De forma paralela,están xa en marcha dous concursos de deseño, dos que sairán os debuxos que ilustrarán os suadoiros e os carteis desta edición da festa. En ambos os casos, o prazo concluirá o próximo 25.




